Monday 29 de April de 2024

A Pobra conmemora o Día Mundial do Libro cunha actividade a través do Facebook


Con motivo do Día Mundial do Libro, no 23 de abril, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), impulsa unha proposta a través do Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que está a atravesa-lo municipio.

A actividade consiste en que a veciñanza, independentemente da súa idade, colgue no Facebook a fotografía do seu libro favorito ou dalgún que estea a ler actualmente. A publicación deberá comezar polo cancelo (ou hashtag) #APobraLe, seguido do título da obra, autor/a e a explicación do porqué desa elección. Tamén deberán etiqueta-las páxinas Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal e Cultura A Pobra do Caramiñal.

O prazo para colga-las imaxes esténdese do día 23 ata o día 25 de abril, ambos inclusive. Entre tódalas persoas participantes sortearanse 4 libros, 2 en galego e 2 en castelán. O dito sorteo efectuarase no 28 de abril.